As doazóns aumentan en Vilagarcía e O Salnés, pero caen en Galicia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/campana_doazons.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/campana_doazons.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> O Centro de Transfusión de Galicia alerta da baixada das doazóns de sangue na comunidade. Segundo o seu representante Antonio Carcedo, durante o ano pasado a caída acadou o 2,5%. Diferente tendencia rexístrase na comarca do Salnés e en Vilagarcía. No caso da capital arousá, as doazóns medraron un 3% durante o 2014.

En Galicia precísanse cada día unha media de 500 doazóns de sangue. Ante esta demanda, o Centro de Transfusión está en situación de alerta pola baixada das doazóns que se ven rexistrando nos últimos anos, e que no 2014 acadou o 2,5%.

Pero zonas como O Salnés animan á esperanza. Na comarca medrou o número de doazóns o ano pasado. Tamén en Vilagarcía, que se sitúa como a cidade galega que encabeza o ránking.

Sobre estes datos quixeron chamar a atención dende o concello de Vilagarcía. Tamén no que se refire á doazón de órganos.

Especial fincapé fíxose nas necesidades de donantes de medula.

Onte celebrouse o Día Mundial da Doazón de Órganos. En Vilagarcía conmemorarase mañá, cunha campaña para animar aos cidadáns a facerse doantes.