Fátima Abal responde a Cambados Pode: “a alcaldía non é negociable”

    Onte falabamos co candidato de Cambados Pode á alcaldía da capital do albariño e suxería que un cuatripartito para desaloxar a Luís Aragunde do bastón de mando pasaría porque el sexa o novo alcalde. A candidata do PSOE non o ve así.

    CAMBADOS> O futuro Goberno de Cambados segue dando que falar. Onte o candidato de Cambados Pode afirmaba que para ser coherente co prometido, el debía ser o novo alcalde. Ante a pregunta de se esa sería a forma de cumprir co primeiro punto do seu programa, a resposta era clara.
    As súas verbas tiveron hoxe resposta da líder da segunda forza máis votada. A Fátima Abal non se lle pasa pola cabeza outra opción de cuatripartito que non estea encabezada por ela.
    Con todo, as conversas van continuar nos vindeiros días, na procura dun maior achegamento. As catro forzas insisten en que van polo bo camiño, pero a cadeira do poder semella a da discordia.

    Normal 0 21 false false false ES X-NONE X-NONE MicrosoftInternetExplorer4

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/fatima_abal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/04/fatima_abal_responde.mp4{/flowplayer}