O coronavirus obriga a prohibir os velorios e limita as despedidas dos falecidos

GALICIA> Perder un ser querido pode ser aínda máis duro nestes momentos de pandemia. A alerta sanitaria obrigou a tomar restricións para minimizar os riscos de expansión do coronavirus. Finalmente, o Goberno do Estado prohibiu a celebración dos velorios, atendendo ás demandas de moitos profesionais do sector funerario, como os da Asociación Nacional de Profesionais Tanatopractores. Aseguran que era imposible garantir as medidas de prevención, converténdoos en focos de infección.

Ademais de ter que facer fronte á perda dun ser querido, as familias das persoas que falecen estes días teñen que despedirse con todas as restricións que a alerta sanitaria polo coronavirus obriga a aplicar. Finalmente, o Goberno atendeu as reclamacións de profesionais do sector como os da Asociación Nacional de Profesionais Tanatopractores e prohibiu os velorios en todo o Estado para evitar contaxios, independentemente da causa da morte.

Só tres persoas poden están presentes no soterramento. Como alternativa, dende a asociación traballan cunha decena de psicólogas expertas en dolo. Recolleron as súas recomendacións nunha guía que axuda as familias a enfrontar estes duros momentos.

Dende a asociación denuncian tamén a falta de medios de protección para recoller os cadáveres infectados por coronavirus. Os xa famosos equipos de protección individual, EPIs, escasean. Por iso aposta porque se ocupen destes cortos as empresas encargadas das recollidas xudiciais.

Martínez Torrado asegura que en Galicia o sector funerario non está a sufrir a saturación que si se dá noutras zonas de España e avoga pola profesionalización deste traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí