A Deputación presenta unha nova guía dos mosteiros das Rías Baixas

PONTEVEDRA >  A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá a primeira acción do proxecto Fame de Experiencias. Un novo produto turístico que busca fomentar os mosteiros das Rías Baixas.

Así presentaba esta mañá Carmela Silva a primeira acción de Fame de Experiencias, coa que a Deputación pretende promover o turismo na provincia de Pontevedra. O proxecto do goberno provincial basease na publicación dunha nova guía dos seis mosteiros das Rías Baixas, e que se complementa coas visitas polos edificios monumentais a través dunhas gafas de realidade virtual.

A guía conta cunha tirada de 2.000 exemplares en galego, castelán e inglés e nela recóllese a información sobre a historia, lendas e actividade económica dos seis conxuntos relixiosos máis importantes da provincia.

A guía venderase por 12 euros no Castelo de Soutomaior e cederase en préstamo nas oficinas de Turismo Rías Baixas e nos propios mosteiros.

 

Comments are closed.