Gulías asume unha das carteiras ‘fortes’ no goberno continuista de Lores

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4PONTEVEDRA> O alcalde en funcións de Pontevedra, que mañá se converterá de novo en rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou esta mañá a composición provisional do seu goberno. Un equipo marcado pola continuidade no que as únicas novidades veñen nas carteiras que na última lexislatura estiveron en mans dos socialistas.

 

 

A promoción da cidade no exterior e a participación cidadá serán os eixos do novo goberno do BNG en Pontevedra. Hoxe o alcalde en funcións, rexedor oficial a partir de mañá, Miguel Anxo Fernández Lores, presentou á que será en principio a composición do seu goberno. Un equipo con moi poucos cambios, no que as únicas novidades veñen nas competencias que deixan os edís socialistas, e no que non se descartan cambios de querer integrarse algunha outra forza política.

 

A número dous na candidatura do BNG, Anabel Gulías, asumirá un deses eixos centrais do novo goberno: a promoción de Pontevedra no exterior. Encargarase das áreas de Promoción Económica, Turismo e Emprego. A primeira tenente de alcalde será Carme da Silva, que asume as competencias de Urbanismo e mantén Festas e Protección Cidadá. Raimundo González seguirá como voceiro do grupo municipal e á fronte de Economía e Facenda. Anxos Riveiro seguirá con Cultura e incorporará Deportes; Luis Bará engadirá Parques e Xardíns a Patrimonio e Mobilidade, mentres que Vicente García Legísima asumirá Mercados e Venda Ambulante, Réxime Interior e Persoal. Sanidade quedará a cargo de Pilar Comesaña, e Normalización Lingüística e Novas Tecnoloxías será responsabilidade de Alberte Oubiña. Demetrio Gómez coordinará a xestión do rural, que se compartirá con Raimundo González, Alberte Oubiña e Pilar Comesaña.

 

César Mosquera seguirá como responsable de Ordenación do Territorio, aínda que non formará parte da xunta de goberno, ó igual que Oubiña e Comesaña. Polo de agora non se pechou que edís terán dedicación exclusiva. O próximo luns será a primeira reunión da xunta de goberno.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/gobernoponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/12/LORES_PONTEVEDRA.mp4{/flowplayer}