PONTEVEDRA> A escola de Verducido quere recuperar a súa segunda mestra de infantil. A comunidade educativa deste centro leva meses denunciando os continuos recortes realizados pola Consellería de Educación. Os cales están dirixidos, segundo os membros da ANPA, a pechar as súas instalacións.
Esta escola non está disposta a pechar as súas portas. A comunidade educativa deste centro leva meses denunciando os continuos recortes realizados pola consellería de Educación. No ano 2004, sufriron un cambio de denominación e pasaron de ser un Centro de Educación Infantil e Primaria a unha Escola de Ensinanza Infantil con suplemento de primaria. Neste curso, a súa indignación aumentou cando se suprimiu unha das mestras de infantil. Unha medida xustificada pola Xunta pola baixada nas matriculacións.
Con todos estes recortes, a comunidade educativa está convencida de que a intención da Xunta é pechar o centro. Unha medida que non van a tolerar.
Dende a ANPA piden a Xunta que volva a catalogar esta escola como un Centro de Educación Infantil e Primaria e que recoñeza polo menos dúas prazas de profesorado fixo.
A escola de Verducido seguirá esforzándose para mellorar os seus servizos. Polo de pronto, a comunidade educativa xa está traballando para conseguir un autobús que vaia dende o centro de Pontevedra.