RIBEIRA> O PP de Ribeira arremete contra a xestión do executivo municipal tralo desaloxo do bloque de vivendas das Abesadas. Acusan ó goberno de non ter adoptado as pertinentes medidas disuasorias para evitar a mudanza dos okupas a outros barrios como as rúas Cristóbal Colón ou Romero Ortiz onde xa están instalados.
O PP de Ribeira critica a falla de previsión do goberno municipal na xestión do desaloxo das Abesadas. Consideran que o executivo tiña que ter adoptado medidas disuasorias para evitar que os inquilinos que ata o de agora moraban neste bloque de vivendas ocupen outras edificacións, como xa ten acontecido.
Ó fío desta situación, o PP levará a pleno unha iniciativa para o derrube da segunda casa da rúa Romero Ortiz, adquirida no ano 2022 polo concello, co fin de recuperar ese espazo para o esparexemento da veciñanza.









