255 nadadoras participarán no Trofeo Concello de Pontevedra de natación sincronizada

PONTEVEDRA> A natación sincronizada porá o broche de ouro a unha semana cargada de citas deportivas. O luns 22 celébrase a sétima edición do Trofeo Concello de Pontevedra, que contará con seis clubs galegos e 255 nadadoras. O torneo chega despois do Campionato Galego de Nivel, que esta fin de semana acollerá a piscina olímpica de Pontemuíños.

 

Durante tres días seguidos a natación sincronizada copará gran parte da atención dos pontevedreses. Por se fora pouco, ao rematar o Campionato Galego de Nivel que se celebra esta fin de semana, collerán a testemuña deste deporte as nadadoras participantes no Trofeo Concello de Pontevedra.

O Trofeo cumpre este ano a súa sétima edición e con ela ponse o broche de ouro a unha semana cargada de citas deportivas.

A cita será o luns 22 na piscina do Casino Mercantil de Mourente.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/trofeo_sincro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/19/trofeo_sincronizada.mp4{/flowplayer}