Cambados súmase aos actos reivindicativos do Día do Orgullo LGTBIQ +

CAMBADOS> 28 de xuño, Día do Orgullo LGTBIQ PLUS. Os concellos da contorna súmanse ós actos e mobilizacións a favor deste colectivo. Un deles foi o consistorio de Cambados que contou coa colaboración da asociación Gotas. A agrupación leu un manifesto no que avogaron por continuar coa loita do colectivo para que se recoñezan os seus dereitos.

Dende hai máis de 30 anos cada 28 de xuño se celebra o Día do Orgullo LGTBIQ PLUS. Unha reivindicación á que se suman os diferentes concellos de toda a contorna. Un deles foi o consistorio de Cambados que contou coa colaboración da asociación Gotas. Dende a agrupación leron un manifesto no que fixeron constar a realidade do colectivo.

Dende o concello agradeceron a participación da asociación e mostraron o seu apoio ao colectivo.

A pesar de que aínda queda moito camiño que recorrer cada ano son máis as institucións e persoas que se suman a esta loita.

A alcaldesa anunciou que en Outubro volverán a celebrar o simposio LGTBI e agarda que a Asociación Gotas continúe colaborando co concello.