PONTEVEDRA> O alumnado da Escola de Idiomas de Pontevedra reclama celeridade á hora de cubrir as ausencias do profesorado. Hoxe un grupo de estudantes de portugués concentrouse ás portas do centro para chamar a atención sobre a súa situación: hai un mes que non teñen clase pola baixa do profesor. Reclaman que se tomen medidas que solucionen esta problemática, que afecta, din, ao rendemento académico.
Celeridade á hora de substituír as ausencias do profesorado. É a reclamación dos alumnos da Escola de Idiomas de Pontevedra.
Denuncian que nos cinco meses que levan de curso hai grupos que perderon ata cinco semanas de clase. Tendo en conta que a vindeira semana non hai clase polo Entroido, calculan que non volverán ás aulas ata mediados do mes de marzo.
Unha falta de clases que, aseguran, afecta severamente ao rendemento académico do estudantado.
Hoxe concentráronse ás portas da Escola de Idiomas de Pontevedra para poñer o foco sobre esta situación, reclamando que se tomen as medidas necesarias para que se solucione e non se repita.











