Louzán acusa ó BNG de ‘dobre moral’ e ó PSOE de actuar ‘a calquera prezo’ por gobernar as Deputacións

PONTEVEDRA> Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

Esta mañá en Santiago retomábanse as negociacións entre PSOE e BNG de cara a asentar o pacto para presidir a entidade provincial e a da Coruña. En Pontevedra, o aínda titular Rafael Louzán despachábase a gusto con socialistas e nacionalistas, e agardaba que aquí ocorrese o mesmo que en Lugo.

 

 

‘Esperpento’, ‘chantaxe’ ou ‘dobre moral’. O aínda presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán despachouse esta mañá a gusto para valorar o que aconteceu o mércores en Lugo, onde o tamayazo do alcalde socialista de Becerreá acabou rompendo o pacto BNG-PSOE e dando a presidencia do organismo provincial ó Partido Popular.

 

Carga Louzán contra o Bloque Nacionalista Galego, ó que acusa de querer gobernar nas Deputacións cando está en contra destas institucións.

 

E do acontecido en Lugo extrae outra conclusión: a debilidade do Partido Socialista e o seu afán por acadar o poder a toda costa.

 

Louzán agardaba esta mañá que en Pontevedra acabe acontecendo o mesmo que en Lugo, e que o BNG sexa ‘congruente’ nas súas esixencias, e non acepte á candidata socialista a presidir a Deputación, Carmela Silva, por ten un ‘expediente aberto desde 2012’.

 

Desde o PSOE xa puntualizaron que non existe actualmente expediente ningún aberto. O secretario provincial dos socialistas, Santos Héctor insiste na valía política e persoal de Silva e lembra a Louzán que a súa candidatura foi respaldada por aclamación no seo do partido socialista.

 

Santos Héctor aclarou tamén que oo corrido en Lugo non afecta ás negociacións sobre a Deputación de Pontevedra.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/26/DEPOLOUZANLUGO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/26/LOUZAN_DEPUTACION.mp4{/flowplayer}