Máis de 1500 estudantes comenzan o selectivo en Pontevedra cun ‘complicado’ exame de historia

PONTEVERA> Comeza a selectividade para máis de 1500 estudantes no campus universitario de Pontevedra. O alumnado enfrontarase a 6 probas entre hoxe o mércores que marcarán o seu acceso ao sistema universitario. A primeira xornada deixa nervios e moitas dúbidas tras os primeiros exames de historia e lingua castelá.

Nervios, tensión e moi dúbidas. De esta maneira afrontan as probas de selectividade máis de 1500 estudantes no campus universitario de Pontevedra.

Durante esta semana, os alumnos e alumnas da provincia deberán facer fronte a 5 exames obrigatorios e como máximo, outros catro opcionais. A proba abriuse, segundo indican, cunha proba complicada de historia.

A xornada deste martes completouse cos exames de lingua castelá e, segundo escolleran, matemáticas aplicadas ou fundamentos da arte e economía ou deseño. Os estudantes aínda teñen moitas probas por diante para poder conseguir as súas metas.

Os estudantes contan co apoio dos mestres que os están acompañando estes días. Profesores que se mostran críticos con este modelo de avaliación que marca tanto o futuro dos estudantes.

Unha vez rematadas as probas, os estudantes deberán agardar ata o 14 ou 15 de xuño para coñecer o resultado. Moitos poderán acceder aos estudos que desexan, e os que non, non deben dalo todo por perdido, hai outras opcións, como volver a presentarse as probas ou facer un ciclo de formación profesional, para acceder á formación universitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí