Aprobados os orzamentos na Deputación para o 2017

Pontevedra> Con 14 votos a favor, unha abstención e 12 e contra deuse o visto bo a aprobación inicial do orzamento da Deputación para o 2017. O Goberno considera que con estas contas se visualiza a realidade desta institución que defende ante todo aos concellos. E dende as filas da oposición insisten en que se trata dun orzamento baleiro de contido. 

 

14 votos a favor do Goberno Bipartito da Deputación, 1 abstención de En Marea e 12 votos en contra do Partido Popular aproban o ozamento deste entidade para o 2017. Unhas contas reais, democráticas e que defenden un proxecto consolidado segundo os socialistas. 

Unhas contas que aportan todo o que poden aos grandes protagonistas desta entidade, aos concellos da provincia 

Unhas cifras, sen embargo, baleiras de contido e que non defenden os intereses dos concellos para os Partido Popular. 

Con discordia e distintos puntos de vista o orzamento quedou aprobado. Nun pleno no tamén asistiron alcalde do PP para solicitar unha vez mais unha reunión coa presidenta da Deputación ao que Carmela Silva dixo que non tiña ningún inconvinte en recibir un a un aos alcalde pero repetiu que ela non recibiría nunca a grupos de poder. 

A partir da vindeira semana a presidenta comezará con esta rolda de contactos para informarlle aos alcaldes do investimento co que contarán por parte da Deputación de cara ao 2017. Carmela Silva dixo ademais que máis de un vai a quedar máis que satisfeito con estas inversións. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/25/orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/25/orzamentos.mp4{/flowplayer}