Etiqueta Negra deixa un bo sabor de boca na súa cuarta edición

PONTEVEDRA> Máis de 100 produtores participaron esta fin de semana na Feira do Gourmet Galego. A cuarta edición de Etiqueta Negra pechou hoxe as súas portas tras rexistrar unha alta participación en todas as actividades programadas. Dende catas e showcookings, pasando por sesións de té e rematando con degustacións e talleres.

Etiqueta Negra pechou hoxe as súas portas tras conseguir superar todos as expectativas. Centos de persoas decidiron achegarse ata aquí para coñecer de primeira man os mellores produtos gourmet galegos. Dende os máis tradicionais…

Pasando por outros máis innovadores…

E rematando cun café ou con deliciosas sobremesas…

E para acompañar todos estes produtos, que mellor que unha boa cervexa ou un bo viño galego.

Na cuarta edición de Etiqueta Negra tampouco faltaron as charlas, as catas, os showcookings ou os talleres. Todas estas actividades achegaron ao público os mellores produtos gourmet da nosa terra e deixaron a todos os asistentes cun bo sabor de boca.