Barbanza e Muros-Noia non perden peso na organización do PP

    BARBANZA> As comarcas do Barbanza e Muros Noia seguirán a ter un peso importante na organización do Partido Popular. Así se desprende do último congreso celebrado esta pasada fin de semana en Ourense, no que o coordinador comarcal da formación, o alcalde de Porto do Son Luis Oujo, foi elixido para formar parte dos órganos de dirección do partido coma responsable en asuntos vinculados coa actividade pesqueira. Ademais del, na Executiva rexional estarán representados a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, o senador José Luis Torres Colomer e os parlamentarios autonómicos Herminia Pouso e Ramón Santos.