Cultura e AENOR destacan a excelencia de AMICOS

    BARBANZA> O Conselleiro de Cultura realizou unha visita ó Barbanza, A primeira parada foi nas instalacións da asociación AMICOS onde participou no acto de entrega de certificación de calidade AENOR. Posteriormente desprazouse ata o Castro de Baroña, no que o seu departamento vén de investir setenta e dous mil euros. A entrega dun novo certificado de calidade de AENOR volve poñer de manifesto o inestimable labor que realiza a asociación AMICOS coas persoas con discapacidade, favorecendo unha escolarización inclusiva. Para seguir avanzando neste obxectivo a Consellería ven de destinar máis de sesenta e sesenta mil euros ó servizo de transporte adaptado do que se beneficiarán dezaoito usuarios de AMICOS ó longo do próximo cursos escolar. Román Rodríguez destacou ademais o importante labor de integración laboral realizado pola asociación O conselleiro aproveitou a súa presenza no Barbanza para comprobar o resultado do proxecto de recuperación do Castro de Baroña subvencionado polo seu departamento. Os traballos, que supuxeron un investimento de máis de setenta mil euros, permitiron o escavado e consolidación da muralla exterior. Ademais, no transcurso da actuación procedeuse tamén ó achado doutra muralla de reforzo interior que foi acondicionada e posta en valor.