A sexta carreira popular de Cambados reunirá a preto de 500 atletas

CAMBADOS> Todo preparado en Cambados para pasar un domingo de atletismo. O concello acollerá a sexta carreira popular Concello de Cambados, que con saída e chegada á praza de Fefiñáns componse dun circuíto de 10 mil metros. A día de hoxe hai 297 inscritos, pero a organización calcula que poden acadarse os 500 corredores.

 

Esta fin de semana en Galicia celébranse nove carreiras, pero a día de hoxe, a Carreira Popular Concello de Cambados conta xa con 297 inscritos.

Entre eles, atletas moi coñecidos como Víctor Riobó, Leticia Fernández ou Barca Toba. Todos farán este percorrido de 10 mil metros pola vila cambadesa.

A carreira está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo, un deporte que o novo goberno de Cambados quere seguir potenciando. 53 dos inscritos son veciños da vila.

Todos os inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa, mentres que os que rematen faranse cunha medalla. Por categorías, os tres primeiros recibirán cadanseu trofeo, mentres que aos catro primeiros na clasificación xeral recibirán premios en metálico de 300, 200, 100 e 75 euros. 

As inscricións seguirán abertas ata mañá á noite na web www.emesport.es

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/01/carreira_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/01/carreira_cambados.mp4{/flowplayer}