Augas de Galicia seguirá a encargarse da xestión da EDAR da Pobra

POBRA> Será por un período de dous anos, prorrogables a outros dous máis. Suporá un investimento autonómico de 1’7 millóns de euros, en virtude do acordo asinado co Concello.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, asinaron un convenio de colaboración polo que Augas de Galicia continuará a encargarse da xestión da depuradora municipal durante os vindeiros dous anos, e que suporá un investimento de 1,7 millóns de euros.

A través dun contrato de explotación das instalacións xa licitado en agosto, o dito departamento autonómico asume, ademais da xestión da planta, as tarefas de conservación das instalacións que formen parte do sistema de depuración.

Por outra banda a Xunta tamén levará a cabo tamén unha actuación complementaria na depuradora, que consistirá na dotación dun novo sistema terciario. O proxecto suporá un investimento autonómico de preto de 206 mil euros e centrarase na substitución do equipo de desinfección.

A actuación deseñada para a modernización do complexo contempla tamén a implantación dun sistema de monitorización enerxética.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí