A Illa prepara unha travesía a nado ata o Areoso para reclamar a protección do illote

    A ILLA> A Illa de Arousa nadará para salvar o illote do Areoso. O concello xunto con varias entidades arousás está a preparar unha travesía para este domingo, pola que 70 persoas nadarán dende a praia de Espiñeiro ata varias embarcacións tradicionais varadas no entorno do illote. A intención é chamar a atención sobre a necesidade de protección deste espazo, que cada verán aguanta visitas masivas de turistas.

    Colectivos da Illa de Arousa dan a voz de alarma sobre a situación de sobreexplotación que padece dende hai anos o Illote do Areoso.

    Piden vixilancia e que as visitas estean restrinxidas e controladas, a prol de garantir a conservación do patrimonio natural e cultural do entorno.

    Para chamar a atención sobre esta necesidade, este domingo celebrarase unha travesía a nado dende a praia de Espiñeiro ata a zona de balizamento do illote. Alí agardarán varias embarcacións tradicionais que recollerán aos 70 participantes.

    Nesta iniciativa, o concello une forzas con outros colectivos arousáns: Pandulleiros, a Asociación Dorna, o Club de Natación e Salvamento de Vilagarcía e a confraría da Illa de Arousa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/03/evento-areoso.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/03/evento_areoso.mp4{/flowplayer}