NOIA> Os nacionalistas opóñense a seguir incrementando o gasto militar, esixindo que os fondos destinados a ese fin se canalicen a axudas que palíen a actual crise económica e a escalada de prezos, principalmente nos carburantes e na electricidade.
Esta mañá un grupo de militantes e simpatizantes do BNG nas comarcas do Barbanza e Muros-Noia, así como tamén veciños en xeral, realizaron unha pequena concentración para protestar por estas manobras.
Os nacionalistas rexeitaron este despregue militar, nun momento ademais inoportuno, ó producirse, segundo eles, nun contexto de escalada belicista e tamén de en plena crise económica, cunha suba de prezos xeneralizada.
Na protesta tamén tomou parte o deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, que xa anunciou a presentación dunha serie de iniciativas de urxencia para coñecer o custe deste operativo militar.