A LII Travesía a Nado chega este domingo a Vilaxoán

VILAGARCÍA>

 

Vilaxoán acolle este domingo a cincuenta e dúas edición da travesía a nado, proba incluída no décimo segundo circuíto galego de augas abertas. A competición establece cinco categorías, dúas, para menores de 14 anos, que realizarán un percorrido de mil metros; e tres para maiores desta idade, que nadarán 2.600 metros. A saída dos nadadores será ás once e media para a distancia curta e ás doce e cuarto para a longa. O punto de partida será a praia do Preguntoiro, e a chegada farase na rampla do Intecmar, no peirao de Vilaxoán. O prazo para inscribirse continúa aberto ata o venres á unha da tarde. Os interesados deben anotarse a través da web da Federación Galega de Natación, no apartado do Circuíto Galego de Augas Abertas.A proba estará controlada polo Comité  Galego de Árbitros dependente da FEGAN. Entregaranse trofeos ós gañadores absolutos, ós tres primeiros clasificados masculino e feminino en cada categoría, ós primeiros nadadores locais, ó máis veterano e ó máis novo.