Con traumatismo craneoencefálico tras caer dunha altura de dous metros

VILAGARCÍA>

 

Cun prognóstico inicial de Tramatismo Craneoencefálico foi trasladado esta mañá ó hospital do Salnés un home que caía en Vilagarcía dunha altura de dous metros. Foi en torno ó medio día en Rosalía de Castro, no rueiro que dá ó Centro de Interpretación da Ría . A vítima estaba subida a unha escada no lateral do edificio e ó parecer perdería o equilibrio caendo ó chan. Foi trasladada por  unha Ambulancia do 061 ó centro hospitalario.