Adicam ofrece pilates terapéutico para diagnosticad@s de cancro

PONTEVEDRA> A Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama organiza na súa sede de Pontevedra una clase semanal de pilates terapéutico. Con esta actividade preténdese mellorar a calidade de vida das pacientes durante o tratamento da enfermidade.

A actividade física axuda a mellorar a calidade de vida das pacientes diagnosticadas con cancro de mama. Por iso, Adicam organiza unha clase semanal de pilates na súa sede de Pontevedra. A Casa Azul acolle estas sesións os luns ás 11 da mañá.

Ademais dos beneficios físicos que proporciona, estas clases axudan a mellorar o estado anímico.

Para asistir ás clases simplemente hai que inscribirse na propia sede da Casa Azul, que ten atención ó público todos os mércores de 10 a 14 horas, a cargo dunha das traballadoras sociais ou da psicóloga da asociación.

Tódalas actividades da asociación, tanto as organizadas en Pontevedra coma na sede principal de Cangas, son gratuítas.

Ademais, Adicam conta cun Grupo Interactivo entre Pacientes, que establece unha vía de comunicación entre as afectadas e os profesionais co obxectivo de mellorar a calidade asistencial.

Adicam ten a día de hoxe máis de 1.300 persoas asociadas.