Piden a dimisión do secretario de Xuntos por Barro por unha festa dentro dunha capela

BARRO> O PP de Barro pide a dimisión do secretario de Xuntos por Barro por organizar unha festa dentro dunha capela. Os populares acusan a José Suárez de estar detrás do evento, celebrado na véspera de Noiteboa. Acúsano de converter un lugar de culto nun encontro político. Un extremo que negan dende a formación de Landín, que aseguran que Suárez acudiu ao evento como un veciño máis.

Esta imaxe desatou a treboada política no concello de Barro. É un grupo de persoas participando nunha pequena festa celebrada no interior da Capela das Dores, no lugar de Búa, na véspera de Noiteboa. Entre os asistentes, atopábase o secretario de Xuntos por Barro, José Suárez. Agora, o PP pide a súa dimisión.

Porque, segundo a versión de Xuntos por Barro, a iniciativa partiu dos veciños e Suárez asistiu como un máis, con patacas e refrescos. Unha versión que non cren no PP, baseándose nos testemuños de varios veciños. Ademais, din, o cura non tiña coñecemento de nada.

Porque, segundo Ruadas, iso foi o que lle comentaron á veciña que lles prestou a chave da capela, que querían organizar unha misa.

Os populares critican o uso que se lle deu a un lugar de culto. Van máis alá, apuntando que realmente esa festa tiña intereses políticos da nova formación creada polos escindidos do PP.

Os populares, ademais, pídenlle a Landín que se Suárez non marcha, sexa el o que o force a renunciar á súa acta como concelleiro non adscrito. Canal Rías Baixas contactou con José Suárez para pregutarlle sobre o tema, pero declinou facer declaracións, remitíndose ao que diga Jose Antonio Landín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí