A carapuchiña vermella do século XXI

PONTEVEDRA> Estudantes da facultade de Belas Artes achegan ás rúas da cidade o seu último proxecto artístico. Unha iniciativa de temática feminista na que se mostra unha nova versión de carapuchiña vermella.

Un lobo en tu camino é unha adaptación do conto da carapuchiña vermella aos novos tempos. Un traballo de temática feminista que naceu na facultade de Belas Artes pero que se trasladou xa ás rúas da cidade.

Este fanzine compleméntase cunha ruta de carteis polas rúas de Cangas, A Estrada e Pontevedra. Na cidade do Lérez os estudantes foron repartindo rótulos coma este por todo o centro. Os que percorran todos estes puntos poderán coñecer a nova versión de Carapuchiña vermella.

Os alumnos da facultade pretenden achegar ao público a ilustración e a arte a través deste proxecto. No cal hai pequenas variacións con respecto ao conto tradicional de carapuchiña e o lobo.

Un lobo en tu camino formou tamén parte do evento Fanzinelipsis de Pontevedra. Os que queiran facerse coa versión en papel poden mercala, a un prezo de 4 euros, na facultade de Belas Artes.