Morre afogado un bañista na praia de Río Sieira

    PORTO DO SON> Outra xornada negra nos areais barbanzáns coa morte dun bañista, este domingo, na praia de Río Sieira en Porto do Son. O suceso tivo lugar ó redor das sete da pasada tarde cando varias persoas que se atopaban no areal observaron flotando boca abaixo o corpo. Tras dar aviso ós servizos de emerxencia, trasladouse ata a zona un equipo médico, unha ambulancia e mesmo un helicóptero do 112. Sen embargo, os equipos sanitarios tan só puideron certificar a morte. Tratase dun veciño de Teo, J.A.C, de cincuenta e cinco anos de idade. Esta morte é a segunda que rexistran os areias barbanzáns no que vai de verán tralo falecemento dunha muller en Ribeira a semana pasada.