NOIA> Centos de persoas déronse cita esta xornada festiva en Noia para desfrutar dun dos espectáculos tradicionais máis destacados do San Marcos. A feira de maquinaria agrícola atraeu a centos de veciños e profesionais de toda a comarca interesados en coñecer as últimas novidade dun sector con tanto peso na bisbarra. Ás dez da mañá iniciáronse tamén os distintos concursos e exhibicións da feira cabalar na que participaron máis dun cento de animais. Mentres en San Lázaro se desenvolvían todas estas actividades, a igrexa de Santa Cristina converteuse noutro dos epicentros das festas coa misa solemne e posterior procesión na honra de San Marcos. O bo tempo acompañou á comitiva que percorreu as principais rúas da vila. Durante toda a xornada desenvolvéronse tamén xogos populares para os máis cativos así como un mercado tradicional no Curro. As celebracións chegan á súa fin esta mesma noite coa actuación estelar da París de Noia.
Inicio NOIA