A Marea de Noia pide unha mellor planificación no funcionamento do GES

NOIA> O rescate dunha anciá no incendio da súa vivenda a pasada fin de semana desatou a polémica sobre a intervención do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Noia.

A mala coordinación e a insuficiente resposta por parte dos operativos de emerxencias suscitaron numerosas críticas entre a veciñanza das que tamén se fixo eco o grupo municipal da Marea Cidadá.

Solicitan que se establezan protocolos de traballo co parque de bombeiros de Boiro e que se analice a  formación do persoal e a capacidade de intervir en determinadas emerxencias.

Así mesmo, piden ós veciños que non personalicen a actuación do GES nos traballadores xa que, din, a situación deriva dunha mala xestión política na que se venden estes corpos como se fosen parques de bombeiros cando se trata de grupos de reforzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí