{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/27/varela_presupostos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/27/varela_presupostos.mp4{/flowplayer}
VILAGARCÍA> A vindeira semana, Vilagarcía terá aprobados os orzamentos para o 2016. Aínda que o goberno local levará a súa proposta ao pleno de mañá, ante a previsible falta do apoio da oposición o alcalde xa anunciou que o borrador será aprobado pola xunta de goberno do luns. Alberto Varela criticou a posición dos demais grupos, aos que acusou de querer sacar réditos electorais a costa do benestar dos veciños de Vilagarcía.
Se a corporación de Vilagarcía non da o visto bo aos orzamentos para o 2016, farao a xunta de goberno local do vindeiro luns. Así o anunciou esta mañá o alcalde da vila.
Alberto Varela e o seu equipo botarán man da modificación da Lei de Bases do Réxime Local para evitar un posible bloqueo institucional. Despois do pleno de mañá a vía do diálogo estará esgotada, e Varela acusou aos partidos de buscar réditos electorais.
Os socialistas non agocharon o seu malestar ante a falta de apoios. Sobre todo cando ao borrador inicial incorporaron algunhas das achegas de Esquerda Unida e BNG.
Varela tamén asegurou que, pase o que pase mañá, o goberno manterá as modificación que se incluíron no borrador grazas ás achegas das formacións.
O alcalde insistiu en que se trata dun orzamento social que aposta polo emprego, e que a única alternativa a non aprobalo sería prorrogar as contas de 2015, elaboradas polo Partido Popular de Tomás Fole.