A Xunta destina 30 millóns para garantir a gratuídade da matrícula en tódalas escolas infantís de Galicia

PORTO DO SON> O delegado provincial da Xunta na Coruña visitou a escola infantil de Porto do Son para informar de que está aberto o prazo de matrícula en toda a rede da Galiña Azul. Gonzalo Trenor lembrou que a partir deste ano entra en vigor a gratuídade da matrícula en tódalas garderías de Galicia.

Ata o 8 de abril estará aberto o prazo de matrícula nas escolas infantís públuicas da Xunta de Galicia. A principal novidade será que este ano será gratuíta para tódalas familias, independentemente do número de fillos. Tamén se beneficiarán da gratuídade universal da educación de 0 a 3 as familias cuxos nenos asistan a garderías municipais ou de titularidade privada.

Este importante esforzo inversor por parte da Xunta ten por obxectivo axudas ás familias nun momento especialmente difícil motivado pola suba xeral de prezos. A intención do goberno autonómico é promover medidas de apoio que non repercutan nun descenso da natalidade.

Trala visita á escola infantil, o delegado e o alcalde mantiveron unha reunión na que o rexedor trasladoulle algunhas das principais necesidades dos centros educativos do concello para que as melloras poidan ser executadas durante o verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí