Silva ‘sorprendida’ ante as críticas de Núñez Feijóo e pídelle ‘lealdade institucional’

PONTEVEDRA> Primeiro cruce de declaracións entre o presidente da Xunta e a súa homóloga na Deputación de Pontevedra. Onte, Alberto Núñez Feijóo poñía en dúbida a intención de Carmela Silva de adelgazar as competencias da administración provincial. Hoxe, Silva amosouse sorprendida, e pediu ao presidente autonómico lealdade institucional.

 

Catro días despois da súa toma de posesión, Carmela Silva amosouse sorprendida polas declaracións do presidente da Xunta. Onte, Núñez Feijóo dubidaba do discurso da súa homóloga provincial na súa intención de adelgazar as competencias da Deputación.

Para Silva, no seu acordo de goberno PSOE e BNG cínguense ao recollido na norma do executivo central: que cada administración teña definidas as súas competencias e transfira as que non lle correspondan.

A Núñez Feijóo, Silva pediu lealdade institucional, e asegurou estar dispoñible para responderlle calquera dúbida respecto da Deputación pontevedresa.

A intención da presidenta provincial é solicitar pronto un encontro co presidente da Xunta. Advertiu, iso si, que non será unicamente para sacar a foto.

Ademais das intencións de Carmela Silva, hoxe coñecemos un pouco máis do reparto de áreas do goberno que encabezará. No BNG, César Mosquera, vicepresidente e voceiro, será o responsable da área do medio e de desenvolvemento sustentable; Uxío Benítez encargarase da viceportavocía e da área de infraestruturas; mentres que benestar e cultura recaerán en Eva Villaverde e Xosé Leal, respectivamente. Os deputados socialistas Santos Héctor, Javier Dios e Digna Rivas encabezarán as áreas de Turismo, Promoción Económica e Xuventude.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/21/carmela_silva_competencias.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/21/carmela_silva_competencias.mp4{/flowplayer}