PONTEVEDRA> A evolución da pandemia en Galicia leva á Xunta a falar de certo optimismo. Os casos seguen baixando en todo o país, coincidindo esta fin de semana co alivio das restricións. Na hostalería, por exemplo, aumentaron os horarios e volveu o consumo en barra. O que se mantén polo de agora é a esixencia do certificado covid.
—
Malia que a presión hospitalaria aumenta hoxe en Galicia, os casos activos continúan baixando, quedando por baixo dos 63.000. Esta mañá estivo en Pontevedra o vicepresidente da Xunta. Rueda amósase optimista ante o actual contexto.
TT
Tamén mellora a situación en canto a restricións, co seu alivio dende esta pasada fin de semana. Rematou o toque de queda para non conviventes de madrugada e a hostalería e lecer nocturno viron incrementados os seus horarios. Tamén se permiten máis clientes por mesa e o consumo en barra.
TT
O que non marcha, polo de agora, é a esixencia do certificado covid. De momento a Xunta non contempla a súa retirada, como si fixeron xa outras comunidades.
TT
O certificado covid é necesario nestes momentos para acceder a calquer tipo de establecemento, como bares, restaurantes ou locais de ocio nocturno.