Os Grovemakers abren a súa primeira tenda física

O GROVE> A asociación de artesáns GroveMaker abre a súa primeira tenda temporal no Grove. Nela poderanse mercar os produtos das 9 marcas que integran a asociación. O establecemento estará aberto ata o 31 de Agosto.

Grovemakers é unha asociación de artistas do Grove que se dedican a traballar diferentes disciplinas. Hai máis dun ano os 13 creadores e creadoras da vila uníronse para traballar en conxunto e mostrar as súas obras. Agora abre a súa primeira tenda física.

Unha tenda que nas súas primeiras semanas está a ter unha gran acollida.

A pesar da gran acollida a tenda só estará aberta durante o verán.

A asociación conta agora con tres membros novos que se unen aos 13 iniciais. Os Grovemakers abren as portas a que novos creadores se unan á asociación.

As obras de Grovemakers abarcan dende mobles, fotografía, enmarcacións creativas, bixutería deseños, contos para nenos e nenas e ilustracións. Todas elas están dispoñibles na súa tenda na Rúa Castelao ata o 31 de agosto.