A administración de xustiza segue en folga indefinida

Pontevedra> A Administración de Xustiza sigue en Folga. En Pontevedra as centrais sindicais informaron de que nesta xornada contaron cun seguimento do 92 por cento. Un total de 60 xuízos se suspenderon hoxe na capital de provincia. Os voceiros dos sindicatos insisten en que o único que piden é unha equiparación salarial, e que ata que a consigan non levantarán esta folga indefinida.

A Administración de Xustiza continua en folga indefinida, hoxe convocaron una mobilización que partiu do edifico xudicial da Parda e rematou na delegación da Xunta en Pontevedra. Dende os sete sindicatos teñen claro que se o Goberno Galego non move ficha eles continuarán coa súa loita.

Dende este sindicatos queren deixar claro á cidadanía que eles non queren unha subida salarial, que o que demandan é unha equiparación salarial co resto das comunidades autónomas deste país.

Nesta xornada a folga tivo en Pontevedra un seguimento do 92 por cento e debido á mesma tivéronse que suspender na capital de provincial un total de 60 xuízos. Dende os sindicatos tamén lembraron esta mañá que cada día de folga supón unha perda de 90 euros no salario de cada traballador que secunda dita folga.