O proxecto de Benito Corbal estará listo nas vindeiras semanas

Pontevedra> O concelleiro de obras anunciou esta mañá que agarda ter nas vindeiras semanas o proxecto da rúa Benito Corbal  e para o mes de marzo o ante proxecto da rúa Lepanto. Segundo adiantou Demetrio Gómez, todo parece indicar que, en Benito Corbal se ensancharán as beirarrúas e se eliminará un carril de aparcamento, e que Lepanto contará con plataforma única.

O concelleiro de Obras fixo unha análise do tráfico que pasou pola cidade neste Nadal, un Nadal onde, dixo, mellor funcionou o tráfico en Pontevedra, e soamente houbo que cortar o tráfico un día, o 27 de decembro. Con estes resultados sobre a mesa, dende o Concello constatan que o funcionamento de circulación e a fórmula pola que aposta o Goberno Local funciona.

Con este modelo funcionando na rúa dende o Goberno Local xa están traballando na redacción do proxecto de reforma na rúa Benito Corbal e no anteproxecto na rúa de Lepanto. O de Benito Corbal será presentado nas vindeiras semanas, e aínda que non está decidido este deseño, todo parece indicar  que se centrará na eliminación dun carril para aparcar nos seus laterais e o ensanche das beirarrúas. A plataforma única neste punto da cidade é, segundo Gómez, moi complicado xa que teñen que pasar vehículos por ese punto da cidade.

En canto a rúa de Lepanto dende o Goberno Local contan con ter realizados o ante proxecto para o mes de marzo. Unha rúa que, tendo en conta a súas dimensións,  todo parece indicar que contará con plataforma única.