A POBRA> A Pobra segue a apostar por eventos que atraían visitantes ó longo de todo o ano. A finais deste mes de xuño terá lugar unha nova edición da Choqueirada de Verán con animación musical a cargo de varios grupos e unha sesión DJ.
Os pobrenses xa poden ir desempoando os seus disfraces para participar na Choqueirada de Verán que se celebrará o sábado 27 de xuño na praza Alcalde Segundo Durán. Dará comezo ás dez da noite.
Malia que na pasada edición, as actuacións comezaron xa de tarde, o concello decidiu este ano concentrar toda a celebración en horario nocturno posto que intensa calor destas datas resta participación nas horas centrais do día.
Dende as concellerías de Mocidade e de Festexos animan á cidadanía a sumarse a esta festa para o que tan só é preciso un disfrace e ganas de pasalo ben.











