Portos de Galicia compromete un 2018 de investimentos nos portos

SALNÉS> Os portos arousáns e da ría de Muros-Noia contarán con 800 novas prazas de amarre. Segundo o presidente de Portos de Galicia, moitas xa están executadas e outras están pendentes de rematar, pero son intervencións que mellorarán o equipamento dos portos das dúas rías grazas á instalación de novos pantaláns.

Portos de Galicia avanza na mellora dos equipamentos dos portos arousáns e da ría de Muros- Noia. Dende o ente autonómico apuntan que nos últimos anos se está a dar pulo á instalación de novos pantaláns, con ata 800 novas prazas de amarre.

Gran parte destas novas prazas de amarre xa están executadas, e dende Portos de Galicia sitúan nos 12 millóns de euros o investimento realizado dende o goberno autonómico para mellorar as condicións de traballo do sector.

Durán asegurou que durante este 2018 continuarán a realizarse os investimentos aínda pendentes, tanto na ría de Arousa como na de Muros-Noia.