Costas ratifica a concesión a Ence e abre a porta á súa continuidade na ría

PONTEVEDRA>

 

Costas ratifica a vixencia da concesión de Ence e abre a porta para que a pasteira solicite unha prórroga para seguir na ría de Pontevedra. Desde o concello pontevedrés recoñecen que a decisión non lles colleu por sorpresa, pero insisten en que os servizos xurídicos van avaliar tódalas opcións legais para evitar que a fábrica siga en Praceres. Para o grupo socialista trátase dunha ‘moi mala nova para Pontevedra’ e unha ‘burla sanguenta’.

 

 

O servizo provincial de Costas de Pontevedra vén de ratificar a vixencia da concesión de Ence en Pontevedra no informe definitivo no que avalía a caducidade da autorización estatal. A resolución declara a nulidade parcial da concesión, e segue a liña do informe previo: mantense o permiso para as instalacións da factoría, e retírase para as zonas que non afectan á fábrica. Desde o concello de Pontevedra recoñecen que non lles sorprende esta decisión final, pero confían nunha posible nova modificación da Lei de Costas tralas eleccións xerais.

 

Na mesma liña se manifestaron desde o Grupo Municipal do Partido Socialista de Pontevedra. O seu voceiro, Agustín Fernández, fala dunha ‘moi mala nova’ e unha ‘burla sanguenta’ por parte de Costas.

 

O executivo pontevedrés mantén a súa intención de seguir loitando pola retirada da pasteira da ría.

 

E non escatimarán en recursos.

 

Entre os terreos para os que Costas non mantén a concesión está o campo de fútbol, ó carón da praza dos Praceres. Ó non considerarse parte da actividade industrial da pasteira, o ente público indica que non hai razóns obxectivas para que estea ocupando zona de dominio público terrestre, polo que deberá buscarse un novo emprazamento para el.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/05/ence8155.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/05/PONTEVEDRA_ENCE.mp4{/flowplayer}