Deporte e solidariedade irán da man no V Torneo de Rugby-Praia Vila de Boiro

    BOIRO> O areal de Barraña acollerá este próximo sábado o quinto torneo internacional de rugby-praia Vila de Boiro organizado polo Club Barbanza Rugby. A cita deportiva terá ademais nesta ocasión un fin solidario, xa que tódolos beneficios do campionato irán destinados ó banco de alimentos. O areal de Barraña acollerá este próximo sábado o quinto torneo internacional de rugby-praia Vila de Boiro organizado polo Club Barbanza Rugby. A cita deportiva terá ademais nesta ocasión un fin solidario, xa que tódolos beneficios do campionato irán destinados ó banco de alimentos. A cita desenvolverase a partir das dez da mañá, con encontros ininterrompidos ata as nove da noite, hora fixada para a entrega de premios ós equipos gañadores. Dende a organización destacaron o alto número de clubs inscritos, nove equipos masculinos, outros nove femininos e cinco de veteráns, así como tamén o nivel de moitos dos xogadores participantes moitos deles membros da selección nacional. Precisamente unha das xogadoras que si tomará parte neste torneo será Vanesa Rial. A de Bealo, que milita actualmente no CRA Coruña feminino, é tamén unha das asiduas nas convocatorias do combinado nacional, con grandes posibilidades de acudir ós próximos Xogos Olímpicos de Río se España consegue clasificarse. Ademais de outras entidades, na organización deste evento colabora o concello de Boiro. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, fixo referencia a que o evento se enmarca na liña iniciada polo actual goberno local dende que chegou á alcaldía, fomentando o deporte e axudando na medida do posible á totalidade dos clubs locais. Segundo el tratase dun torneo de gran prestixio que terá ademais unha vertente solidaria, xa que todo o recadado irá a parar ó banco de alimentos. Na entrega de premios, coma mestre de cerimonias, está prevista a participación do actor Tacho González, e unha vez rematado o torneo celebrarase un concerto na propia praia. A matrícula será de 100 por equipo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí