O BNG preguntará no Parlamento sobre as medidas para conter o gromo da residencia de Ribeira

RIBEIRA> O gromo máis preocupante do Barbanza segue a ser o da residencia de Ribeira que suma 7 novos casos entre os traballadores e 10 entre os usuarios. Contabilízanse xa 69 residentes e 20 traballadores infectados. Dende o inicio do brote producíronse catro falecementos.

O incremento de casos e os novos falecementos están a xerar unha gran preocupación na residencia de Ribeira,  que rexistra xa o terceiro gromo máis grave entre os centros de maiores de toda Galicia. Ante estes datos, o BNG rexistrou unha iniciativa parlamentaria a través da súa deputada Rosana Pérez instando á Xunta de Galicia a adoptar tódalas medidas necesarias para conter os contaxios.

A través desta iniciativa, os nacionalistas preguntarán tamén sobra as causas que baralla a Xunta sobre a orixe deste brote que afectou a tantos usuarios despois de ser vacinados. Demandan tamén información sobre a cobertura das baixas de persoal e o plan de actuación para previr novos contaxios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí