Ruíz segue a traballar para poder sacar adiante os orzamentos

RIBEIRA> Nas últimas semanas mantivo conversas co grupo municipal socialista, o único que ata o de agora mostrou vontade de chegar a un acordo.

O  rexedor critica a postura que están a manter algúns grupos da oposición, como é o caso do BNG que segundo el está a poñer atrancos constantemente á labor do goberno local. O único que buscan é sacar un rédito político de cara ós vindeiros comicios municipais de 2023. Pola contra o alcalde agradeceu o talante do PSOE, que foi foi o único grupo da oposición que tivo a ben presentar propostas a eses orzamentos.

Neste sentido o alcalde aludiu a que o executivo local está a estudar as propostas plantexadas polo grupo socialista. Segundo el de seguir esta liña favorable o acordo materializaríase na firma dun protocolo cun conxunto de accións de interese por ambas partes a desenvolver no período 2021-2023 entre as que se incluirían proxecto como o da nova biblioteca, o Museo do Mar ou o centro de deportes náuticos.