Embarcacións, música e gastronomía van da man na Festa do Mar de Combarro

POIO> Hai xa quince anos que Poio decidiu render tributo ao mar dunha forma especial. Do 19 ao 23 de agosto a parroquia de Combarro acolle a décimo quinta edición da Festa do Mar, unha cita que mestura gastronomía, concertos, tradición e exposicións. Todo coa temática marítima como telón de fondo.

 

A vindeira semana Poio virará cara o mar. A parroquia de Combarro celebra a décimo quinta edición da Festa do Mar, unha cita que comezou coa chegada de numerosas embarcacións no 2001 e que agora xa está consolidada no calendario festivo do concello.

Un dos días máis fortes será o venres 21. Nesa xornada chegarán as embarcacións tradicionais que este ano participan no encontro, que a organización agarda que superen o medio centenar do ano pasado. Con elas comezará a programación da fin de semana, organizada polo Club Mariño A Reiboa.

Outra das protagonistas será a música, que nesta edición gaña máis peso. As sesións vermú pasan de dúas a catro, unha por cada día que dura a festa. 

Aínda que o día forte para a Asociación Armadiña será o venres, cando a Praza da Chousa acolla o Festival Armadiña Rock.

Durante toa a festa manterase no Peirao da Canteira a mostra gastronómica. Aquí os visitantes poderán probar produtos do mar como a ameixa e o mexillón a prezos populares.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/12/festa_mar_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/12/festa_mar_poio.mp4{/flowplayer}