O PP emendará á toltalidade dos orzamentos da Deputación de Pontevedra ao consideralos ‘nefatos e contrarios aos intereses dos concellos’

PONTEVEDRA> O Partido Popular provincial de Pontevedra presentará unha emenda á totalidade dos orzamentos da deputación de Pontevedra. Dende a formación cualifican os orzamentos de Carmela Silva como nefastos e contrarios aos intereses dos concellos. A súa crítica principal vai destinada a que se incrementen máis os gastos na propia deputación que ao plan concellos.

O Partido Popular da provincia de Pontevedra rexeita por completo os orzamentos da deputación para o vindeiro ano. Os populares cualifican os orzamentos presentados polo equipo de Carmela Silva como nefastos e contrarios aos intereses dos concellos.

O Partido Popular denuncia que a pesar de que os orzamentos aumentasen en 11 millóns, o apoio aos concellos e as asociacións apenas se incrementou. Situación que non sucede cos gastos propios da deputación que, segundo indican, aumentaron o dobre que o apoio aos concellos.

Tras estas críticas, dende o PP anuncia que presentarán unha emenda á totalidade dos orzamentos. Por elo a súa emenda basearase en tres puntos. O primeiro deles o aumento de axudas aos concellos.

O segundo punto é a recuperación da caixa de anticipos.

E o terceiro unha convocatoria ordinaria para axudar ás comunidades de auga do rural da provincia.

Os populares consideran que o goberno da Deputación ten un nulo coñecemento da realidade da provincia. Coa súa proposta buscan elaborar uns orzamentos que sexan municipalistas e garantan os servizos básicos das vilas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí