O Concello de Poio quere subir os valores catastrais de todos os veciños

POIO> O Concello de Poio solicitou ao Ministerio de Facenda subir os valores catastrais de todos os veciños do municipio. Así o anunciaron esta mañá os portavoces do PP. Para tratar de paralizar esa subida, os populares acaban de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario.

“Espolio fiscal”. Así é como cualifica o PP de Poio a decisión do goberno municipal de solicitar ao Ministerio de Facenda a subida dos valores catastrais. Unha petición publicada no BOE o 28 de decembro e coa que todos os veciños do municipio, independentemente do seu nivel de renda, se verían afectados.

Os populares inciden en que soamente 22 concellos galegos pediron esta subida catastral. Destes 22 concellos, 10 pertencen a provincia de Pontevedra. E entre eles, Poio é o municipio que ten os valores catastrais máis recentes, correspondentes ao ano 2003.

O PP cre que esta petición é unha tomadura de pelo aos veciños e segue defendendo a baixada do IVI ao 0,43%.

O voceiro popular acusa directamente a portavoz de Avante Poio de enganar aos veciños e de facer todo o contrario do que prometía antes das eleccións municipais.

Para tratar de revocar este acordo e paralizar así a subida dos valores catastrais, os populares acaban de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario. No que, ademais, renunciarán ao cobro da súa asistencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí