O Carlos Oroza gaña o Campionato de Sumillería Suso Domínguez

PONTEVEDRA > O Centro Príncipe Felipe acolleu esta mañá o VI Campionato de Sumillería Suso Domínguez. No evento participaron 13 centros de España e Portugal pero o Carlos Oroza fíxose finalmente co primeiro posto grazas o seu alumno Víctor Vidal.

O Carlos Oroza conseguiu o primeiro posto do VI Campionato de Sumillería Suso Domínguez, e o fixo grazas ao seu alumno Víctor Vidal.

O que comezou como unha casualidade para Víctor, agora é parte da súa vida. E, tras dous meses de moito traballo, o alumno do Carlos Oroza conseguiu sorprender o xurado e alzarse cunha vitoria moi importante.

Neste campionato participaron 13 centros de España e Portugal. Un evento que demostrou un gran nivel na sumillería e que superou todas as expectativas.

Paixón, traballo e esforzo, esas son as claves principais para converterse nun gran sumiller como hoxe o demostrou Víctor Vidal.