A Xunta non autoriza a ampliación do cemiterio de Santa Cristina de Barro

    NOIA> A Xunta denegou a autorización para a ampliación do cemiterio de Santa Cristina de Barro, en Noia. O permiso, solicitado pola asociación de veciños, foi denegado ó non terse presentado a documentación necesaria no prazo establecido. Foi precisamente esta razón, a falla de presentación da documentación, a que motivou que a Consellería de Medio Ambiente declarase a desistencia da solicitude de autorización en solo rústico para a ampliación do cemiterio de Barro. Dado que se trata dun trámite administrativo, a asociación de veciños ten a posibilidade de presentar un recurso para completar o expediente e poder proceder así a esta ampliación tan demandada pola parroquia. O concello de Noia pon a disposición dos veciños o servizo de asesoramento municipal para realizar os trámites ante a Xunta de Galicia. Para poder proceder a ampliación, a asociación veciñal deberá resolver previamente os problemas de regularización dunha zona do cemiterio para o que o executivo prestará tamén os servizos da asesoría legal.