O PSdeG denuncia unha montaxe contra a súa candidata en Vilanova por unha falsa denuncia de falseamento

VILANOVA> O PSdeG denuncia que a suposta demanda contra a candidata de Vilanova, María Vales, é un montaxe do Partido Popular. Os socialistas reuníronse co fiscal para comprobar que o nome da vilanovesa está na denuncia por un erro do actual patrón maior e que a investigada é outra persoa. O PSdeG pide á fiscalía que entre de oficio para coñecer quen xestiono toda a montaxe e a implicación de Gonzalo Durán, tamén que actúen contra o actual alcalde por revelar datos confidenciais. Carmela Silva vai máis alá e pide ao PP que expulse a Durán.

Visiblemente emocionadas, María José Vales, acompañada de Carmela Silva, defendíanse esta tarde das acusacións de falsedade documentar vertidas por Gonzalo Durán. A candidata do PSdeG en Vilanova acudiu ao fiscal para comprobar que o seu nome na demanda era un erro e acusa ao PP de Vilanova de orquestrar unha montaxe.

Á denuncia á que se refire María José Vales foi publicada por Gonzalo Durán esta mesma mañá. Un documento da fiscalía que sinala, nun dos apartados, que María Vales é sospeitosa dun delito de falsedade documental.

Tras acudir á fiscalía, o fiscal certificou que o nome de María Vales está nun apartado por error. Segundo denuncia Carmela Silva, un erro intencionado do actual patrón maior e que o fiscal comprometeuse a emendar.

Carmela Silva insistiu en que a denuncia foi orquestrada polo partido popular para sacala xusto antes das eleccións e pide ao fiscal que entre de oficio para investigar quen está detrás.

A socialista tamén pide que se investigue a Durán por publicar documentos privados.

E incluso vai máis alá e pide a Durán que dimita e Alfonso Rueda que o expulse do Partido Popular.

Carmela Silva aproveitou o acto para pedir a Vilanova que apoie a María Vales.

Pola súa banda a candidata do partido socialista no quixo dar máis percorrido o asunto, agarda que a partir de agora só se fale de ideas e da campaña electoral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí