O mercado de Boiro gaña competitividade a través dun espazo multifunción

    BOIRO> A Consellería de Economía e Industria segue a apostar pola dinamización do comercio local a través dunha liña de axudas que contribúa na dinamizar as prazas de abastos. Esta mañá visitaba o mercado de Boiro, no que o seu departamento financia, cunha subvención do oitenta por cento, o acondicionamento dun espazo para formación e actividades promocionais. A actuación prevista en Boiro, por valor de cento trinta mil euros cofinanciados por Xunta e concello, permitirá abrir o mercado á rúa, a través dun espazo de cincocentos metros cadrados que servirá como escaparate dos produtos que ofrece a praza de abastos. Nesta nave realizaranse exhibicións, degustacións gastronómicas e actividades promocionais. Esta actuación non busca unicamente incrementar a competitividade comercial da praza senón tamén potenciar a súa vertente turísitica. Nos últimos tempos o mercado converteuse nun importante polo de atracción de visitantes pola calidade dos produtos e a vistosidade da súa presentación. Na visita tamén estivo presente a directora xeral de comercio, Sol Vázquez.