Traballadores de ENCE mobilizaranse mañá pola retirada da denuncia contra o traballador e a adscrición dos terreos ao Porto

[

PONTEVEDRA> Os traballadores de ENCE volven ás rúas de Pontevedra. Este venres, o sindicato de Comisións Obreiras convoca unha manifestación que percorrerá o centro da cidade. Dende o Hospital Provincial farán dúas paradas. Unha no concello, para reclamar ao alcalde a retirada da denuncia contra o traballador da factoría. A outra, na subdelegación do goberno para esixir que se reactive a mesa de diálogo cun único punto: traballar para a adscrición dos terreos de Lourizán ao Porto de Marín. A convocatoria será ás 11 da mañá.

Este venres, os traballadores de ENCE retoman as mobilizacións. Convocados polo sindicato Comisións Obreiras, partirán ás 11 da mañá dende o Hospital Provincial de Pontevedra. Percorrerán as rúas do centro ata chegar á súa primeira parada: o concello.

Para Cedeira, a denuncia é unha nova mostra do desprezo e acoso do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores aos traballadores de ENCE.

A escasos metros do concello, a comitiva fará a súa segunda parada. Será na Subdelegación do Goberno. Alí demandarán una nova convocatoria da Mesa de Diálogo cun único punto sobre a mesa: a adscrición dos terreos de ENCE en Lourizán ao Porto de Marín.

A seguinte mobilización será, en principio, no mes de febreiro do 2022. O día 4 marcharán dende ENCE ata a Autoridade Portuaria, para agradecerlle que comezaran os trámites para demandar a adscrición.

Este calendario contan tamén co apoio dos representantes de Comisións Obreiras no comité de empresa de fábrica e nas empresas auxiliares.