BARBANZA> A Consellería do Mar outorgará douscentos novos permex o próximo ano. Así o recolle o Plan Xeral de Explotación Marisqueira que vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia. Publicado o Plan Xeral de Explotación marisqueira para o ano 2018 no que se recollen noventa e catro plans específicos presentados polas confrarías. A principal novidade deste ano é o plan específico de explotación dos pósitos de Muros e Noia para o marisqueo a pé en zona de libre marisqueo que permitirá ás entidades traballar as praias da banda norte durante todo o ano en lugar de outubro a marzo. Búscase así obter un maior rendemento na xestión do libre a través do proxecto deseñado conxuntamente polas dúas confraráis e que concorreu ás axudas dos GALP 2017. O Plan contempla ademais a incorporación de douscentos novos permisos de explotación para marisqueo a pé e de vinte catro novas embarcacións coa modalidade de marisqueo a flote con vara. No que respecta ás vedas, a da nécora estenderase do seis de xaneiro ata o 30 d emaio. O lumbrigante permanecerá vedado nos meses de abril, maio e xuño mentres que a da langosta comezará en outubro ata fin de ano. O DOG publica tamén a orde dos plans de xestión de recursos específicos: o percebe, a navalla e o longueirón, o ourizo, a peneira, as algas, anénomas e poliquetos. A Consellería aproba un total de cento trinta e seis plans de xestión para estas especiesm, entre os que destacan algunhas novdades como o plan para o ourizo mediante mergullo da confraría de Muros ou o de algas de Vilanova.
Inicio BARBANZA